Portal, de Cidade virtual –en gallego- " As cidades, logo, as reconstrúe cada quen, alá nos espacios do recordo, segundo as propias vivencias. Son o resultado do noso estado de ánimo e da nosa plenitude vital: as tristísimas cidades dos aflixidos, as luminosas e sonoras cidades dos felices, as fotográficas cidades silentes dos xordos, as incomprensíbeis e agresivas cidades dos cegos, as cidades cambiantes da vida... Por iso poden ser fermosas ou terríbeis, e as dúas cousas á vez. Existen ao través de nós. E todas, poden chegar a ser unha mesma e única Cidade imposíbel, distinta de todas as cidades, construída por unha suma interminábel de arquitecturas do sentimento e da imaxinación, ámbitos de encontro do real e do irreal, onde poden dárense lembranzas do xamais vivido e feitos que nunca sucederon. " epdlp.com |