As pedras –en gallego-Xavier Rodríguez Baixeras

As pedras –en gallego-

"Era o vento o que empurraba o seu clamor: "non me preguntastes", cando os pais lle arrincaron a casa do lugar e, pedra a pedra, levárona para unha vila de inverno. O vento, toda a noite, a súa garganta traducindo o que o pai lle dicía. "quedaron pedras polo camiño". E el: "¿ti tamén, pai?".
Ao mediodía, os barcos repousan no sur, as aves dormen, escintilantes. A nai, moi branca, os ollos modulando o baleiro. A casa prometida nunca terá fin, nunca, e ela sábeo.
Cando o vento, ruxindo, volte de novo, ¿como atopar o que o pai lle dicía, como ler no delirio? Pero el debe procurar no escuro as pedras esparexidas e ir erguendo a murada —non contra o vento— contra todo iso. "



El Poder de la Palabra
epdlp.com