A Basilio Alvarez, de No desterro -en gallego-Ramón Cabanillas

A Basilio Alvarez, de No desterro -en gallego-

"¡Sementador! O trigo dos beirales
mostra as espigas mestas e douradas,
e as segadoras fouces. afiadas,
teñen tráxico brillo de puñales.
O teu verbo, estalante nos pinales,
troca, ó chegar ás chouzas das valgadas,
os salaios das gorxas abafadas
en ruxidos guerreiros e triunfales

A aldea érguese co claror da aurora
agardando o sinal, e non sosega
en anxo de loita vingadora.

¡Xa a luz do sol do mediodía cega,
sementador! ¡Sementador xa é hora
de da-lo berro e comenza-la sega! "



El Poder de la Palabra
epdlp.com