O lapis do carpinteiro (fragmento) -en gallego-Manuel Rivas
O lapis do carpinteiro (fragmento) -en gallego-

"Marisa, corazón, ponnos algo de beber para que saia ben a esquela. ¡Que cousas tes!, exclamou ela. Non fagas esas bromas. O reporteiro Sousa ía negarse pero decatouse de que sería un erro rexeitar un grolo. O corpo estáballo a pedir dende había horas, o grolo, o maldito grolo, estáballo a pedir des que se erguera e, naquel intre, soubo que dera cun deses feiticeiros que le na mente dos demais. ¿Non será vostede un señor Hache-Dous-O? Non, dixo el seguindo a ironía, o meu problema non é precisamente a auga."


El Poder de la Palabra
epdlp.com