Pésanlle as pilas á figueira coa carga dos figos –en gallego-Luz Pichel
Pésanlle as pilas á figueira coa carga dos figos –en gallego-

"Á mañá cedo, pésanlle á figueira nas follas
as bonecas da néboa
e dá uns paseíños polo prado
coma unha muller preñada.

Andan aos figos os bonecos do aire
e fan a súa festa
tocan as castañolas
asubían
fan soar as tesoiras do afiador
rinse do mundo.

E a figueira,
aliviada e contenta
move as follas e mira para min,
que me quedo sen figos,
boneco a carón do espantallo que caeu para o chan:

Descansa á miña sombra,
escaravella na terra un pouco
a ver se encontraras unha pataquiña:
Pésanche moito os fardos.
Ti non es un animal do aire. "



El Poder de la Palabra
epdlp.com