Navy Bar –en gallego- "Este bar ten balances …E tamén está listo pra se facer á vela …Encheron-nos o vaso con toda a auga d’o Mar pra compor un cock-tail de horizontes …Pendurados d’as horas …atlas xeográficos d`esperantos están sin tradución …E tatexan as pipas c’o ademán políglota d’as bandeiras …Ese cantar improvisado ………………………………é o mesmo que xa se improvisou n-algures …Quen chegou avisando-nos d’esa cita noiturna que temos c’o vento ao N E n-a encrucillada d’as estrelas apagadas? …Eiquí bebe de incónito O Mariñeiro Desconecido …-sin xeografía nin literatura- …A noite d’os naufraxos …c’o seu brazo salvavidas …aferrará con nosco unha vela de chuvascos …O vaso derradeiro estaba cheo de despedidas …Pol-as ruas dispersas ibamo-nos fechando cada un dentro d’a sua alta-mar …N’o repouso d’algún vaso todal-as noites naufraga o Bar. " epdlp.com |