Bistrita (fragmento) –en gallego- "Pero eu fixen descer da bóveda dos ceos un millón de armiños para os pés da amada decátaste, miña Señor, do pracer da amada cando pisa viva as cabezas dos armiños de como cunha unlla pálida moi branca sega a xugular da rata e baleira o seu contido nun vidro de Murano e de como, de vagar, achega a copa aos labres? e os cairos viches os dentes cairos da miña amada? o seu rostro fumen fluens Recorte do Dailygraph colado no diario de Mina Murray (extracto) do noso correspondente en Whitby o can esa amosega de lume, prolongando o bauprés, a nau todos os días barbeaba ao meu esposo lambíalle o sangue da navalla ssschurp!!! ah, sufría, en verdade sufría! era idiota como nunha viaxe en LSD ao igual que o manuscrito atopado polo conde Jan Potocki sete oito mil anos a Primavera e a rocha que os seguía o daguerrotipo as sombras así pois estabamos no mar aberto seguramente a bordo de Eduardo Pondal e pronto cruzariamos os Dardanelos aquel meu sangue a Rosa é fermosa pois se ben a algúns a cor da Rosa os enfeitiza a outros os ataca da cabeza non desexaba morrer a morte en absoluto na ausencia de Elizabeth non desexaba ser lida nin tan sequera como Baudelaire propuña coma un clásico as criaturas poéticas da alma a escrita o crime igual que un rostro gravado no azougue é corrupto así o poema testemuña a ruína das palabras internámonos coma cirurxiáns facémonos próximos tan próximos nas ondulacións nos sobresaltos da conciencia eu fortalecíame nas adegas do cargueiro na terra dos meu antepasados ouh, Mina a Rosa é fermosa crávame toda as espiñas. " epdlp.com |