El perfil del crepúsculo (fragmento) -en gallego- "Señores convidados. Estimados amigos. O pano do futuro foi rasgado por unha man poderosa. Alguén quixo -quen paira sobre as nosas certidumes- que a morada de Edipo na terra fose un cerco casual, unha trama de agonias coincidente na sua curvatua co edifício das vosas esperanzas. Vós, señores convidados, ignorávades que a vosa plenitude concitava a miña demolición. Vós non sodes culpáveis. Quen manda sobre as nosas esperanzas decretou que xá era tempo para min de render contas pola antiga, casual prosperidade. E veloz, sobre os campos outrora feraces sementou a peste, envilecendo, con este acto de xustiza, a exaltación que me fixera rei. Agora Tebas é grito angustiado, moitedume caníval de nais vagabundas, ama-(?) de vermes estoupados sobre a cinza das fogueiras. Ninguén de entre nós descoñece o drama. O clamor que nos chega das ruas é inequívoco. O povo, embravecido, armado de desesperanza, asalta as torres onde nos fortificamos, nós, a grandeza de Tebas. Mais non temades polas vosas vidas, meus señores convidados. O povo só exixe castigo para min, o seu herói, o virtual asasino de Laio. Non se pode ser fillo dunha lenda e converter-se en lenda sen pagar a desmesura. Eu acato a vontade popular. Poño nas vosas mans o meu tributo: a coroa de Tebas. Un cacho de ouro que podedes adorar ou amoedar, segundo as vosas prioridades. Poño a coroa nas mans de Creonte, o primeiro na miña sucesión, antes de converter-me no viaxeiro do comezo: aquel home abismado que fixérades un dia rei de Tebas porque asi o tiña disposto o deus que paira sobre as nosas certidumes. Deixo-vos a coroa, símbolo de poder, na confianza de que a peste amainará cando eu, a Esfinxe, teña desaparecido Pois eu agora son a ESFINXE. E a vosa peste nace da miña supuración. " epdlp.com |